13/05/08

As Letras Galegas


Estamos no medio da Semana das Letras Galegas e no colexio non imos deixar pasar a oportunidade de afondar no noso compromiso coa lingua galega.

O galego é de todos, falalo é un orgullo.

A todos os que visitades o blog, especialmente aos alumnos de cuarto, anímovos a que enviedes lemas coma este en defensa do galego nos vosos comentarios.


Xa temos falado do homenaxeado deste ano, Xosé María Álvarez Blázquez. En todas as aulas estase a traballar estes días sobre o autor e a súa obra. Afortunadamente ten unha grande cantidade de poemas moi axeitados para os nenos destas idades.

O concurso literario sobre o arco da vella segue a bo ritmo. Moitos grupos xa remataron e outros están a dar os últimos retoques. O venres día 16 remata o prazo e o xurado deliberará sobre os gañadores a semana que ven. Os mellores relatos sairán logo publicados neste blog.

O venres día 23 será a data do festival. En moitas aulas están a ensaiar as súas actuacións para ter todo listo e que sexa un verdadeiro espectáculo e unha homenaxe á nosa lingua.


(O cartel dixital é un deseño de David Paz Nóvoa, coordenador do ENDL.)

10 comentarios:

Raul e Angel dijo...

O galego e de todos,non o deixes escapar.

Alexandre Senande Dosil 4ºA dijo...

O GALEGO É UN IDIOMA,COMO TÓDOLOS DEMÁIS.

luis damaris josue dijo...

o galegoe un idioma moi importante hai que saber falalo ben en galica ¿non credes? e o mellor|

Anabel,Carmen e Andrea 4ºA dijo...

Nos defendemos o Galego,e queremos que vós tamén o faledes.

Eugenia García Magaña 4ºA dijo...

Vive a vida tola en Galego!

Carlos.G.R dijo...

O Galego e moi bó para aprender
a falalo e pra a igualdade e todos temos dereito a aprender a falar
o galego.
E grazas para o profesor que nos
animou a facer este comentario.

anxo fernando dijo...

o galego non so e un idioma tamen e unha ilusion. anxo fernando.

Alba y Yaiza de 4ºA . dijo...

O galego e unha lingua moi bonita e ademáis falase moito.
E ademais pareceme que ainda que o poema e bastante longo pero moi bonito.

Dámaris,Josu y Luis 4ºa dijo...

O Galego ten moitas curiosedades,queredes descubrirlas con nós?

David Paz Nóvoa dijo...

Grazas a todos polos vosos lemas. Gustáronme moito. A ver se outros tamén se animan a escribir o seu lema e ao final facemos unha lista con todos.

Saúdos do profe David.