Neste video verás o que te ofrecen para pasar un verán estupendo.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca a Campaña de Verán 2012,
'Acción de Verán' é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.
O prazo de presentación de solicitudes vai do 6 ao 20 de marzo.
Podes informarte na CASA DA XUVENTUDE DE VILAGARCÍA na rúa Juan Carlos I, 37 , chamando ao teléfono 986501568 de luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
e no enlace que te deixamos aquí

